Actividades para a muller (campus de Ourense e Vigo)

Novas actividades de chan pelviano e defensa persoal feminina!

Este ano por primeira a Área de Benestar, Saúde e Deporte pon en marcha un programa de actividade física e exercicio dedicado específicamente para as mulleres. A idea é fomentar os hábitos saudables e a participación da muller nas actividades deportivas co fin de lograr un benestar tanto físico como mental.

 

A práctica dos exercicios para o chan pelviano provoca, a medio e largo prazo, efectos positivos para a saúde, a nivel postural, respiratoria, vascular e sexual, sendo moi efectivo na prevención das hernias anatómicas en particular na muller, no campo de descenso dos órganos pelvianos e da incontinencia urinaria. Outros beneficios son a tonificación da faixa abdominal e rectificación das curvas da columna ou a rehabilitación postparto.

 

A violencia de xénero diríxese sobre as mulleres polo feito mesmo de selo, por ser consideradas polos seus agresores carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión. Por iso a defensa persoal feminina ten como obxectivo primordial evitar ser agredidas, non  vencer a ninguén. A mellor protección é evitar que se produza a agresión e esta actividade proporcionaranos técnicas e ferramentas que eviten esas situacións.

Horarios Ourense:      Chan pelviano,  luns e xoves de 18 a 19h (Ludoteca Edificio de Ferro)

                                   Defensa persoal, luns e mércores de 16.00 a 17.00 h. (Ludoteca Edificio de Ferro)

 

Horarios Vigo:      Chan pelviano,  luns e mércores de 15.30 a 16.30 h (Sala multiusos do Edificio da Área de Deporte)

                             Defensa persoal, martes e xoves de 19.00 a 20.00 h. (Sala multiusos do Edificio da Área de Deporte)

Destinatarias: Mulleres con abono Muver, abono Ponte en Forma ou cunha entrada multideporte.