Augaventura primavera Campus Mar Life 2017

AUGAVENTURA PRIMAVERA CAMPUS MAR LIFE 2017

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e o Campus do Mar volven apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life primavera 2017, onde se propoñen ata sete actividades como son Bautismo de Surf, Rafting, Wakeboard, Flyboard, Windsurf, Paddlesurf e a Ruta da Illa de San Simón (Kaiak-Andaina).


Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar. 

 

O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar-TDU e 5 euros para o resto da comunidade universitaria.

 

A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Rafting que será os días 31 de marzo e 21 de abril. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para o voluntariado e de 15 euros para o resto da comunidade universitaria. A actividade prolongarase durante catro horas.

 

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina) celebrarase o 1 de abril (a data límite de inscrición será o 22 de marzo). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para o voluntariado e 10€ para o resto. Colabora nesta actividade Marexada.

 

A seguinte  proposta é o Flyboard que nesta ocasión se leva a cabo no club náutico de Raxó e no Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo). Cunhas tarifas de 12€ para o voluntariado e 18€ para o resto. Nesta edición teremos dous grupos: o 1 e o 22 de abril.

 

O Wakeboard desenvolverase en Bouzas (Vigo) e en Moaña. Prezos especiais de 7€ e 10€.

 

A actividade Windsurf e outra das propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Primavera 2017, unha actividade para a que contan coa colaboración de Tierra y Mar que se realizará na Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. O prezo oscila entre os 7 e os 10 euros e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. O 26 de marzo é a data límite de inscrición o día de realización o vindeiro 4 de abril.

 

A novidade desta edición será o Paddlesurf que se celebrará no Vao-Toralla (Vigo) e no río Lérez (Pontevedra), cun prezo de 10€ para voluntariado do Campus do Mar e persoas con TDU e 15€ para o resto da comunidade universitaria.

 

Consulta o Programa de Actividades Augaventura Primavera 2017.

 

 

English translation:

 

AUGAVENTURA CAMPUS MAR LIFE SPRING 2017

 

The University of Vigo Wellbeing, Health and Sport Area and the Mar Campus bet again for the aquatic sports in a new edition of Augaventura-Campus Mar Life Spring 2017. There are available until 7 different activities like surf initiation, rafting, wakeboard, flyboard, windsurf, paddlesurf and the Illa de San Simón route (kayak-walk).

 

All inscriptions and payments should be made through: www.deporxest.uvigo.es and they are designed for members of the university communities. (Alumnado, PDI and PAS), and for institutions that are part of I+D group Campus do Mar.

 

Regarding the surf initiation, it will take place in Patos beach (Nigrán), and we count on the collaboration of Prado Surf School. The price for the activity is 3€ for the Campus Mar TDU voluntary service, and 5€ for the university community.

 

Rafting will take place the 31th May and the 21st April, and we can on the help of Arrepións organization. The activity will take place in the Miño river, in Arbo. The price is 10€ for the voluntary service and 15€ for the university community. The activity will take 4 hours.

 

The San Simon Island route (Kaiak-Andaina) will take place the 1st of April (the deadline for registration is the 22nd March). The price for this acquatic activity is 7€ for the voluntary service and 10€ for the rest. Marexada collaborate in this event.

 

The next proposal is Flyboard, that on this occasion will take place in the Raxó nautical club and in the Liceo Marítimo of Bouzas (Vigo). The price is 12€ for the voluntary work and 18€ for the rest. In this edition we will have two groups: the 1st and the 22nd April.

 

Wakeboard will take place in Bouzas (Vigo) and in Moaña. Special prices of 7€ and 10€.

 

Windsurf activity is another Augaventura-Campus Mar Life Spring 2017 proposal. We count on the collaboration of Terra e Mar that will take place in the Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. The price will be around 7€ and 10€, and it will last 2 hours approximately. The deadline for registration is the 26th March and it will take place the 4th April.

 

The novelty of this edition is Paddlesurf, in the Vao-Toralla (Vigo) and in the Lérez River (Pontevedra). The price is 10€ for the voluntery work and 15€ for the university community.

 

For more detailed information, please check the Augaventura Activities Spring Programme 2017.