II Semana da Muller

II Semana da Muller

Área de Deporte organiza a 2ª Semana da muller no deporte na que se inclúe unha serie de actividades dirixidas que se van a celebrar do 5 ao 9 de marzo nas instalacións deportivas dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.


Coincidindo co día internacional da muller ofértanse ao longo deste período, ademais de acceso gratuíto ás salas cardio fitness dos tres campus, unha serie de actividades dirixidas.


O que naceu o ano pasado como un proxecto formativo dentro do programa UTOP da man de Rubén Fernández Arcos, quere consolidarse e este ano se extende aos tres campus coa idea de perdurar no tempo.


O que se pretende é animar ás mulleres a participar nas actividades deportivas que se ofertan dende a área e ao mesmo tempo, se coñezan.

Queremos que as mulleres utilicen máis as nosas instalacións deportivas e, ao mesmo tempo, coñezan a ampla oferta deportiva que curso tras curso preparamos con tanto agarimo.


Esta semana reforza o programa “Deporte e muller” que este curso se leva a cabo nos campus de Ourense e Vigo con actividades exclusivas para o sector feminino como chan pelviano, ioga, e defensa persoal feminina.


Por unha banda, as mulleres terán acceso gratuíto ás salas cardio fitness sen límite de tempo, nin accesos e por outra banda están as seguintes actividades:


No campus de Pontevedra:
PILATES 19.00 a 20.00 hrs.
SPINNING 20.00 a 21.00 hrs.
CROSS TRAINING 21.00 a 22.00 hrs.
Todas as actividades impártense os luns e mércores no pavillón universitario.


No campus de Vigo:
Pilates: luns ás 15.15 no Centro Deportivo Universitario
Zumba: mércores ás 15.15 no CDU
GAP: xoves ás 15.15 no CDU
Aquagym: luns, martes, mércores e venres ás 20.00 no CDU
Chan pelviano: luns e mércores ás 15.30 no edificio da Área de Deporte
Defensa persoal feminina: martes e xoves ás 19.00 no edificio da Área de Deporte
Ioga: martes e xoves ás 13.15 e 16.15 no edificio da Área de Deporte
Cross Training: luns e mércores ás 19.00 no pavillón universitario
                      martes e xoves ás 11.15 no pavillón ubniversitario


No campus de Ourense:
Zumba: martes e xoves de 20.15 a 21.15 no pavillón universitario
Bailes de salón: martes e xoves de 19.15 a 20.15 no pavillón universitario
Ioga: luns e xoves de 19.00 a 20.00 na Ludoteca do Edificio de Ferro
Chan pelviano: luns e xoves 18.00 a 19.00 na Ludoteca do Edificio de Ferro
Def. Personal: luns e mércores de 16.00 a 17.00 no pavillón universitario


O acceso a todas as actividades é de balde e só é preciso reservar a sesión elixida na plataforma Deporxest.