Inscrición nas actividades do curso 2017-2018

O novo curso académico 2017-2018 continúa con novidades na Área de Benestar, Saúde e Deportes. Seguimos coas inscricións on-line (www.deporxest.uvigo.es) e a posibilidade de pago con tarxeta bancaria. A partir do 1 de setembro.

Xa podedes adquirir o teu abono (básico, Muver, Muver Ponte en Forma ou Active Campus Europe), inscribirvos nos distintos centros colaboradores, actividades programadas, ligas universitarias ou reservar a vosa cita nos servizos de sáude!!

 

> QUE IDES A ATOPAR NOS DIFERENTES PROGRAMA DE ACTIVIDADES? 

 

> CAMPUS DE OURENSE:

- Uso puntual das instalacións da Área de Benestar, Saúde e Deporte (pista polideportiva cuberta, pistas de squash, sala cardio - fitness, área de tenis de mesa, pista de tenis, pista de atletismo e campo de herba sintética para a práctica do fútbol/rugbi) e das instalacións do CDU-AQA Ourense (piscina, sala cardio - fitness e sala de actividades dirixidas)

- Abonos da Área de Benestar, Saúde e Deporte (Abono básico, Abono Muver, Abono Muver Ponte en Forma e Abono Active Campus Europe) ou do CDU-AQA Ourense (Abono matinal e Abono completo).

- Actividades de fitness gratuítas para persoas aboadas: ciclo indoor, aerojump - GAP, Power Dumbell e Boot Camp 

- Escolas Deportivas de pilates, ioga, xadrez, danza oriental, tai chi, aeróbic, defensa persoal, salsa bachata, street dance, ritmos latinos, natación, pádel, aquagym, squash, voleibol, rugbi, balonmán, tenis, entre outras. 

- Posibilidade de acceso aos seguintes Centros Deportivos Abertos asociados á Área de Benestar, Saúde e Deporte: Ximnasio Sabrosura e Ximnasio Saraiba.

Descarga o programa completo no banner da dereita.

> CAMPUS DE PONTEVEDRA:

- Uso puntual das instalacións da Área de Benestar, Saúde e Deporte (sala cardio - fitness, pista polideportiva e área de tenis de mesa).

- Abonos da Área de Benestar, Saúde e Deporte (Abono básico, Abono Muver, Abono Muver Ponte en Forma e Abono Active Campus Europe).

- Actividades de fitness gratuítas para persoas aboadas: pilates, HIIT, ciclo indoor, GAP - stretching.

- Posibilidade de acceso aos segintes Centros Deportivos Abertos asociados á Área de Benestar, Saúde e Deporte: Centro Budo, Ximnasio Ardeas, C.D. Rías do Sur e Ximnasio Campolongo.

Descarga o programa completo no banner da dereita.

> CAMPUS DE VIGO:

- Uso puntual das instalacións da Área de Benestar, Saúde e Deporte (sala de actividades dirixidas, sala de xadrez. pista polideportiva cuberta, área de tenis de mesa, rocódromo, sala cardio -fitness, pistas de tenis, campo de céspede sintético, campo de herba natural, pista de atletismo e pista de footing) e das instalacións do SOOM CDU Vigo (piscina, sala cardio - fitness, sala de actividades dirixidas e pistas de squash).

- Abonos da Área de Benestar, Saúde e Deporte (Abono básico, Abono Muver, Abono Muver Ponte en Forma e Abono Active Campus Europe) e do SOOM CDU Vigo (Abono matinal universitario e Abono completo universitario).

- Actividades de fitness gratuítas para persoas abonadas: fitness express, train & talk ,escalada, ioga, urban dance & hiphop, cross training e rugby.

- Escolas deportivas de rugby, escalada e tenis.

- Posibilidade de acceso aos seguintes centros deportivos asociados á Área de Benestar, Saúde e Deporte: Club Kae Sport, Centro Pilates Juan Barberá, Toni Pilates, CD Coliseum, Ximnasio C. Simón, IFitness, TR Sport & Spa, Ximnasio Escola Vigo, Vigoentrena, EDAM Center, Mega Sport Center, MáisqueAuga, Florida Gym, AD Kiap e Ximnasio Tao.

Descarga o programa completo no banner da dereita.

E + ACTIVIDADES!

E, se para ti aínda non é suficiente, poderás consultar tamén a información sobre o programa de Rutas Culturais, as Ligas Universitarias, as competicións interuniversitarias, os programas Augaventura ou Delecer, os servizos de medicina deportiva e fisioterapia, o Trofeo Universidade de Vigo de Carreiras de Orientación ou a XII edición da carreira HappyGoRunning.