Noraboa campións!

O "Uvigo EXP - Xadrez: Estratexia pola Paz proclámase Campión Galego 2017, gañador da liga de maior categoría do xadrez en Galicia, a División de Honra.

Un título que chegaba coa suma dos dous puntos necesarios perante un fortísimo Xadrez Ourense A e nun encontro de máxima tensión, con tintes épicos, que quedará grabado na memoria dos xogadores. O equipo de Ourense chegou ao CUVI para dalo todo, con tres Mestres portugueses, a ex Campiona de España Absoluta, Yudania Hernández e dous dos mellores valores do xadrez ourensán. Un rival de altura que puxo contra as cordas aos universitarios e que se quedou a tan só medio punto de levarse a coroa, iso sí, co mérito alo menos de ter sido o único equipo capaz de infrinxir unha derrota aos de Vigo nesta temporada.

Primeiro éxito colectivo do renovado proxecto que une á Universidade de Vigo e á Escola de Xadrez Pontevedra. Unha vitoria apoiada no magnífico traballo coas canteiras de ambas entidades e que pón en valor o potencial duns xogadores moi xóvenes, algúns como Rubén Fernández, de tan só 12 anos, nunha competición de altísimo nivel na que participaron un gran número de Grandes Mestres e Mestres Internacionais, primeiras lanzas dos seus respectivos países.

A cruz da moeda foi para a Escola Universitaria de Vigo, cunha derrota que certifica o descenso de categoría. Como dato positivo queda o alto rendemento ofrecido por uns xovencísimos Pablo Vidal e Rubén Fernández, e a extraordinaria vitoria obtida perante o Xadrez Tui, campión da categoría e xusto merecedor dunha praza na máxima categoría do xadrez galego na vindeira tempada.

 

A undécima e última xornada da liga Galega deparou os seguintes resultados para os equipos de Vigo:

División de Honra:

"UVigo - EXP Xadrez Estratexia pola Paz" 2 - 4 "Xadrez Ourense A"

Primeira División C:

"Escola Deportiva Universitaria de Vigo" 0 - 4 "Xadrez Marín B"

 

Para máis información acerca do club diríxete a súa páxina web.

 

English translation:

 

The Uvigo EXP- Chess: Strategy for Peace is proclaimed Galician Champion 2017, after winning the biggest category regarding Galician chess, the Spanish Honour Division.

The title was achieved after adding two points up that were really necessary to face a strong Ourense Chess A. It was a game full of tension, with epic hints, that will remain in the memory of the players for ever. The Ourense team arrived to the University of Vigo to give all, with three Portuguese masters: the former Spanish champion, Yudania Hernández and two of the best chess players from Ourense. The Ourense team was a strong opponent that put the Vigo students between a rock and a hard place, with just half point left to win the game, with the feat of being the only team able to infringe a loss to Vigo team during this season.

This is the first collective success of the renewed project that join the University of Vigo and the Pontevedra Chess School. A victory supported on the excellent work with the source of both entities that shows the potential of some very young players, like Rubén Fernández, with just 12 years old, within a competition of high level, where many international masters participated, as a first launch of their respective countries.

The tail of the coin went to the University of Vigo School, with a loss that certifies its demotion. The positive view is the high performance offered by Pablo Vidal and Rubén Fernández, and the great victory against the Tui Chess, the current champion of the category and fair worthy of a place in the highest category of the Galician chess for the next season. 

 

The eleventh and last round of the Galician league brought the following results regarding the Vigo teams:

 

Honour Division:

"UVigo - EXP Strategy for Peace Chess" 2 - 4 "Ourense Chess A"

 

First Division C:

"Sports University School of Vigo" 0 - "Marín Chess B"

 

 

For more information regarding the team, please check the official website.