Campionatos Internos Individuais / Internal Individual Championships

 

 

Ao longo de cada curso académico a Universidade de Vigo organiza os seguintes campionatos internos:

 

- TENIS: Campionato da Universidade de Vigo

   - Previa por Campus: 6 ao 10 de marzo.

   - Final no Campus de Vigo: 14, 15 e 16 de marzo.

   - Regulamento

   - Cadro feminino Federadas

   - Cadro masculino Federados

   - Cadro non federados

   - Cadro non federados Campus Ourense

 

- TENIS: Liga de Outono

   - Meses de outubro, novembro e decembro. 

   - Información, regulamento e calendarios en www.deporxest.uvigo.es

 

 - TENIS DE MESA: X Trofeo "Eugenio Monje"

   - Xoves 9 de marzo no Campus de Vigo.

   - Grupos, cruces e eliminatorias

   - Regulamento.

   - Resultados

  

 - PÁDEL: Campionato da Universidade de Vigo

   - 13 ao 16 de marzo no Circulo Mercantil de Vigo.

   - Regulamento.

 

- SQUASH: Campionato da Universidade de Vigo

   - 14 ao 16 de marzo no Campus de Vigo

   - Regulamento.

 

 - XADREZ: Campionato da Universidade de Vigo

   - Mércores 15 de marzo no Campus de Ourense

   - Regulamento.

 

As inscricións, calendarios e resultados estarán dispoñibles a través da aplicación web da Área de Benestar, Saúde e Deporte www.deporxest.uvigo.es

 

 

ENGLISH TRANSLATION:

 

 

Throughout each academic year, the University of Vigo organises the following internal championships:

 

               - Tennis: University of Vigo Championship

                - Preliminary rounds per campus: First fortnight of March

                - Final at the Vigo Campus: Second fortnight of March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Tennis: Autumn league

                - October, November, December

                - Information pending 2016/2017

 

               - Table Tennis: 3rd ‘Eugenio Monje’ Trophy

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Paddle tennis: University of Vigo Championship

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Squash: University of Vigo Championship

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Chess: University of Vigo Championship

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

Registrations, calendars and results will be available through the web application of the Wellbeing, Health and Sport Department: www.deporxest.uvigo.es

Copa Fair Play - Deportes Colectivos / Fair Play Cup - Team Sports

 

A Copa Fair Play é un campionato de ámbito universitario que se disputa entre os meses de marzo e maio en cada campus da Universidade de Vigo.

O sistema de competición é preferiblemente por eliminatorias a un único partido aínda que a Área de Benestar, Saúde e Deporte resérvase a posibilidade de adaptar este sistema en función do número de equipos finalmente inscritos.

 

As datas, o regulamento e o modo de inscrición son os seguintes:

  - Inscrición: 1 ao 28 de febreiro

  - Competición: 6 de marzo ao 6 de abril

  - Regulamento da Copa Fair Play 2017.

  - Equipos inscritos na Copa Fair Play 2017:

LISTADO EQUIPOS INSCRITOS CAMPUS DE VIGO.

- PRAZO DE RECURSO: 3 de marzo ás 14:00 h.

- PUBLICACIÓN DE CALENDARIOS: 6-7 de marzo.

LISTADO EQUIPOS INSCRITOS CAMPUS DE OURENSE.

PRAZO DE RECURSO: 16 de marzo ás 14:00 h.

- PUBLICACIÓN DE CALENDARIOS: 21 de marzo.

LISTADO EQUIPOS INSCRITOS CAMPUS DE PONTEVEDRA

PRAZO DE RECURSO: 

- PUBLICACIÓN DE CALENDARIOS: 

 

 

ENGLISH TRANSLATION: 

   

The Fair Play Cup is a university championship which will be contested between March and May in each campus of the University of Vigo.

The system of competition is preferably a knock-out competition resulting in a single match, although the Wellbeing, Health and Sport Department reserves the right to adapt this system according to the number of registered teams.

 

Check dates, rules and registration here (information pending 2016/2017)

Ligas Universitarias - Deportes Colectivos / University leagues - team sports

Please scroll down for English translation

 

1.1 Modalidades

O programa Ligas Universitarias 2016/2017 está dirixido ás persoas da comunidade universitaria e inclúe diversas modalidades de deportes colectivos. O obxectivo deste programa é dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo. O regulamento destas competicións inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade. As modalidades nas que vos podedes inscribir son as seguintes:

 

- Baloncesto mixto.

- Balonmán mixto.

- Fútbol sala femenino.

- Fútbol sala masculino.

- Fútbol 7 mixto.

- Rugby 7 mixto.

- Voleibol mixto.

 

1.2 Inscricións

- A inscrición realizarase nos tres campus do 1 ao 23 de setembro neste enlace. Non será posible inscribirse de ningún outro xeito. 

- Co obxectivo de mellorar o funcionamento das ligas universitarias e asegurar un mellor compromiso dos distintos equipos inscritos, a partir deste ano será necesario pagar unha FIANZA de 30€ para crear un equipo nas ligas universitarias. Esta taxa funciona a modo de fianza que será devolta ao final da competición no caso de o equipo cumpra con todos os seus compromisos: asistencia a todos os encontros, cumprimento dos regulamentos e normativas da Uvigo, etc.

- IMPORTANTE: A inscrición do equipo a fai o delegado só cos seus datos, o nome do equipo e pagando a FIANZA. Unha vez feita a inscrición, o programa daralle un código de equipo que terá que ter cada xogador para poder inscribirse. Por normativa de protección de datos, cada xogador do equipo, terá que inscribirse individualmente, achegando o código do equipo.

- Poderase elixir horario de mañá ou tarde en función da conveniencia de cada equipo, entendendo como mañá o tramo horario comprendido entre as 10 e as 14 h. e como tarde o tramo entre as 14 e 19 h. (hora de inicio dos partidos)

- Os equipos de nova creación, serán incluidos na división máis baixa.

- Os equipos que xa participaron na temporada pasada deberán conservar o seu nome se queren inscribirse na división que por méritos lles corresponde.

- Os equipos estarán compostos exclusivamente por persoas pertencentes á Comunidade Universitaria. 

- Cada xogador/a poderá inscribirse como máximo en dous equipos de distintas modalidades deportivas. En todo caso, o Servizo de Deportes non se responsabiliza das posibles incompatibilidades de horario das persoas inscritas en dúas modalidades deportivas.

- Non esta permitida a inscrición dunha mesma persoa en máis dun equipo da mesma modalidade deportiva.

- Non se aceptarán inscricións de equipos que non teñan o número mínimo establecido de xogadores/as.

 

Modalidade

  Nº máximo

   Nº mínimo

Baloncesto

        12

        7

Balonmán

        14

        9

Fútbol sala

        12

        7

Fútbol 7

        16

       10

Voleibol

        12

        8

Rugby 7

        10

        8

 

1.3. Lista de equipos inscritos e reclamacións:

A Área de Benestar, Saúde e Deporte publicará na web o listado de equipos inscritos o luns 26 de setembro (Campus de Vigo). Se algún equipo tivera feito a súa inscrición e non aparecera na lista publicada na web, poderá facer unha reclamación por correo electrónico con data límite de reclamación o 28 de setembro.

 

EQUIPOS INSCRITOS:

- Campus de Vigo: Lista de equipos

- Campus de Ourense: Lista de equipos

- Campus de Pontevedra

 

RECLAMACIÓNS:

- Campus de Vigo: ligasuniversitarias@uvigo.es

- Campus de Pontevedra: depor-po@uvigo.es

- Campus de Ourense: depor-ou@uvigo.es 

 

1.4. Xogadores/as sen equipo

Aquelas persoas que non teñan equipo poden inscribirse na Bolsa de Xogadores/as Sen Equipo para facilitar que os equipos xa inscritos se poñan en contacto con elas poidan fichalas para completar as súas plantillas.

 

1.5. Sistemas de competición: ascensos, descensos e clasificados para as Fases Finais

As competicións darán comezo a partir da segunda semana de outubro. Cada campus e cada modalidade deportiva terá o seu propio sistema de competición adaptado ao número de equipos finalmente inscrito. Podes consultar esta información nos seguintes enlaces:

 

- Campus de Vigo: sistema de competición

- Campus de Ourense: sistema de competición.

- Campus de Pontevedra: sistema de competición.

 

1.6. Fase Final Intercampus

Ao remate das fases de campus, os equipos mellor clasificados en cada modalidade deportiva competirán o 14 de febreiro na Fase Final Intercampus que este curso realizarase no Campus de Ourense, contra os gañadores dos outros campus da Universidade.

 

1.7. Normativa

A competición rexerase polos Normas Xerais das Competicións Universitarias de Deportes Colectivos da Universidade de Vigo.

 

 

 

ENGLISH TRANSLATION:

 

 

University leagues – team sports

 

1.1 Sports available

The University League programme 2016/17 is aimed at members of the University community and includes different categories of team sports. The objective of this programme is to give answer to the interest on team sports while promoting values such as sportsmanship and teamwork. The rules of these competitions include a fair play scoring system that promotes fair play and punishes any lack of sporting behaviour. The categories you can sign up for are the following:

 

 

 - Mixed basketball

 - Mixed handball

 - Women’s indoor soccer

 - Men’s indoor soccer

 - Mixed 7-a-side soccer 

 - Mixed 7-a-side rugby

 - Mixed volleyball

 

1.2 Registration

 - Registration takes place for all three campuses between 1st-23rd September at this link. It will not be possible to register in any other way.

 - In order to improve the running of the university leagues and to ensure commitment from registered teams, from this year onwards it will be necessary to pay a FEE of 30€ to create a team for the university league. This fee acts as a deposit which will be returned at the end of the competition if the team meets all of its commitments: attendance at all matches, meeting the rules and regulations of Uvigo etc

 - IMPORTANT: The registration of a team is done by the delegated member only with his/her personal information, the name of the team, and payment of the FEE. Once the registration is completed, the programme will give him/her a team code which each player will need to have in order to sign up to the team. Due to data protection regulations, each player of a team must do the registration individually, providing the team code when they do so.

 - It can be chosen a morning or afternoon timetable according to what is most convenient for each team. Morning is understood to mean any time between 10am-2pm, and afternoon between 2pm-7pm (time of start of match)

 - Newly formed teams will be included in the lowest league

 - Teams which have participated in the previous season must keep their name in order to be included in the league they have reached previously

 - Teams have to be composed only by members of the university community

 - Each player may sign up to a maximum of two different sports. In any case, the Wellbeing, Health and Sport Department is not responsible for any schedule clashes of people registered when playing two different sports.

 - The registration of a person in more than one team in the same sport is not permitted.

 - Registrations of teams who do not have the minimum number of players will not be accepted.

 

Sport

  Max. No.

   Min. No.

Basketball

        12

        7

Handball

        14

        9

Indoor soccer

        12

        7

7 a-side Soccer

        16

       10

Volleyball

        12

        8

7 a-side Rugby

        10

        8

 

 

1.3 List of registered teams and complaints

 

The Wellbeing, Health and Sports Department will publish the list of registered teams online on Monday 26th September. If any team has completed its registration but does not appear on the published list, it may make a complaint to the following email addresses before the complaint deadline of 28th September.

 - Vigo Campus: ligasuniversitarias@uvigo.es

 - Pontevedra Campus: depor-po@uvigo.es

 - Ourense Campus: depor-ou@uvigo.es

 

1.4 Players without team

 

Anyone who does not have a team may register to the Pool of Players without a Team to allow already registered teams to get in contact with them and sign them up in order to complete their squads.

 

1.5 System of competition: promotions, relegations, and qualifying for Finals

 

Competitions will begin from the second week of October. Each campus and each sport will have their own systme of competition adapted to the number of teams registered. You may consult this information at the following links:

 - Vigo Campus: System of competition

 - Pontevedra Campus: System of competition

 - Ourense Campus: System of competition

At the end of the campus stage, the best ranked teams in each sport will compete on the 14th February in Ourense Campus against the winners from the other university campuses in the Intercampus Final, which will take place this year at the Ourense Campus.

 

1.6 Regulations

 

The competition will be governed according to the University of Vigo Regulations for University Team Sports Competitions.

Inscricións, calendarios, resultados e clasificacións:

www.deporxest.uvigo.es