HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2017

Please scroll down for the english translation.

 

> Que é?

 

A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Sáude e Deporte da Universidade de Vigo que se celebra o 23 de abril de 2017 e na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia ou Cidade Universitaria S.A.

 

A carreira de 10 k formará parte do Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares. As persoas inscritas na carreira HappyGoRunning - Cidade Universitaria quedarán inscritas automaticamente no circuíto RunRun Vigo. Consulta o Regulamento da HappyGoRunning 2017 para aclarar todas as túas dúbidas sobre a normativa do evento.

 

> Quen pode participar?

 

As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 1999 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2004 ou anterior, no caso da andaina.

 > Circuítos

 

A carreira desenvólvese sobre un circuíto de 3.333m que transcorre entre os vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.

 

As persoas participantes escollerán algunha destas distancias:

- 6.6 km. (dúas voltas ao circuíto)

- 10 km. (tres voltas ao circuíto)

 

A andaina terá unha distancia de 10 km e transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

 

 > Horarios

 

09:00 Acreditación para a andaina

09:30 Saída da andaina

09:30 - 10:30 Recollida de dorsais para carreira

11:00 Saída das carreiras

12:45 Entrega de agasallos

> Inscricións:

 

As inscricións efectuaranse exclusivamente a través da web de inscricións da Universidade de Vigo: www.deporxest.uvigo.es

Neste documento están explicados os pasos a seguir para completar a inscrición. 

 

O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 19 de abril (límite de prazas: 1000).

 

> Prezos

 

Andaina: 4 €

 

Carreiras Pro e Iniciación:

- Comunidade universitaria Galaico - Duriense: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario coa Fundación Galega contra o Narcotráfico).

- Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1€ solidario coa Fundación Galega contra o Narcotráfico).

 

> Servizos

  • Vestiarios
  • Avituallamento
  • Ludoteca para que os máis pequenos tamén o pasen en grande (09:00/13:00h)
  • Menú con prezo especial de 4€ para tod@s. Non é necesaria reserva previa

> Resultados e clasificacións:

Podedes consultar todos os resultados e clasificacións en www.championchipnorte.com.

 

> Premios e agasallos:

 

- Clasificación Xeral:

Outorgaranse premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10k.

 

- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense:

Outorgarase un premio ao campus gañador e agasallos as persoas, ata un máximo de 20, que o integren (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria).

 

 

 

ENGLISH TRANSLATION:

 

 

> What is it?

 

The Happy Go Running – Cidade Universitaria walk and run is an initiative of the Wellbeing, Health and Sport Department of the University of Vigo that will take place the 23th April 2017 in collaboration with the Vigo City Council, the Galician Foundation Against Drug Trafficking, the Peña Trevinca Montañeiros Galician Club or Cidade Universitaria S.A.

 

The 10K run is part of the Vigo Run Run Circuit of Popular Races. People subscribed to the HappyGoRunning – Cidade Universitaria run will be automatically registered in the Vigo Run Run circuit. You could clear up any doubts related with the regulations of the run by reading the HappyGoRunning Regulations.

 

> Who can participate?

 

Registrations are opened to anybody without health problems and born in 1999 or before, for the run, or in 2004 or before, for the walk.

 

> Circuits

The race takes place on a 3,333m circuit, between the roads within the Campus and the Sports City Entrance of the Commercial and Industrial Círculo Mercantil of Vigo.

 

Participants have to choose to run one of these distances:

 

6.6 km. (Two laps of the circuit)

10 km. (Three laps of the circuit)

  

The walk will have a distance of 10km and it will go by the surroundings of the Campus.

 

> Registration:

 
Entries shall be made exclusively through: www.deporxest.uvigo.es

In this document you can follow the instructions to complete the registration.

 

The deadline will be open until Wednesday 19th April at 23:59h. (places limit: 1000)
 
 

> Prices

 

Walk: €4 (€3 registration + €1 donation to the Galician Foundation against Drug Trafficking)

 

Pro and beginner’s races:

 

- Galaico- Duriense university community: €5 (€4 registration + €1 donation to the Galician Foundation against Drug Trafficking).

 

- Other participants: €7 (€6 registration + €1 donation to the Galician Foundation against Drug Trafficking).

 

>Services

  • Changing rooms
  • Provisioning
  • Play centre, so the children can also have fun that day (09:00/13:00h)
  • Special price menu for 4€. It is not necessary previous booking.

 

 

> Results and Ranking 2017:

 

You can check all the results and the ranking in www.championchipnorte.com

 

> Rewards and Gifts:

 

- General classification:

There will be rewarded the first three people classified from each genre in the 10k race.

 

- Classification University Galician-Duriense:

The winner Campus will receive a prize and people who are part of it will also receive a gift (up to a maximum of 20). Please check the specific rules of the university race.